Greenpeace e a Consellería de Medio Ambiente lanzan dúas novas propostas
A organización ecoloxista e a Consellería presidida por Pachi Vázquez van levar a cabo dúas actuacións a prol do coidado do medio ambiente. Greenpeace aposta polas novas tecnoloxías a través do proxecto Fotodenuncia, orientado a que os cidadáns critiquen as agresións ó planeta. A Xunta de Galicia, pola súa parte, toma novas medidas co obxectivo de evitar desastres ecolóxicos en Galicia.
O proxecto Fotodenuncia aboga pola participación cidadá para levar a cabo o seu proxecto. A forma de colaboración é sinxela: colgar unha fotografía dunha agresión mediambiental acontecida no territorio español, ubicala xeograficamente e aportar información sobre o desastre ecolóxico. Dende Galicia xa chegaron as primeiras denuncias, a través dunha treintena de imaxes:
O responsable da área de voluntariado, Enrique Soler, declarou a necesidade da colaboración cidadá para paliar o desastre medioambiental.En Galicia as actuacións pro-ambientais non se quedan atrás. Tralas traxedias ecolóxicas sufridas nesta comunidade, os galegos queren evitar situacións semellantes. Para iso, 1000 voluntarios realizarán labores de vixiancia e advertencia por diferentes medios ós responsables da Consellería de Medio Ambiente.