A vía de escape oficial: Benestar Social

Redacción/Santiago de Compostela

22/03/09

As crises económicas provocan repercusións negativas na poboación compostelana, que nalgúns casos vese obrigada a acudir tanto a organismos públicos como privados en busca de axuda. Ante este tipo de situación de emerxencia social, a concellería compostelana de Benestar Social xa está preparada, pois conta cunha serie de medidas destinadas a mellorar a calidade de vida daqueles colectivos máis desfavorecidos.

Entre estas medidas destacan os servizos de prestación económica municipal para a prevención e a integración social, que teñen como obxectivo cubrir as necesidades de carácter básico e urxente (aloxamento e manutención) . Estas axudas teñen carácter extraordinario, e consideránse como subsidiarias das de ámbito estatal ou autonómicas. Ademais, Benestar Social tamén promove un conxunto coordinado e programado de accións cuxa finalidade é a mellora da integración persoal, familiar e social, así como, se é o caso, a incorporación ó sistema laboral.

Perfil do beneficiario en caso de emerxencia social

Nestas situacións máis extremas, o perfil que acude a Servizos Sociais relaciónase co de persoas que viven na rúa, sen teito. Maioritariamente son homes, de mediana idade, sen familia, con discapacidade psíquica ou problemas de toxicomanía. As traballadoras sociais da concellería son as encargadas de determinar se unha persoa se atopa nunha situación de emerxencia social, proceso para o cal se rexen por criterios técnicos e obxectivos: circunstancias sociais, familiares, laborais, de enfermidades …que produzan unha carencia de recursos que imposibilite o normal desenvolvemento da súa vida diaria.

1 Respuesta por mucho »

  1. 1

    [...] A vía de escape oficial: Benestar Social [...]


Comentario RSS · URI para TrackBack.

Diga sus palabras