Alimento e aloxamento: o primeiro paso

Redacción/Santiago de Compostela

22/03/09

Dende Cáritas, tratan de cubrir as necesidades máis básicas nos casos de pobreza extrema, é dicir, dos sen teito. Para isto, a Ong remite a todo aquel que o necesite ó albergue dos franciscanos, que segundo o técnico de xestión de proxectos de Cáritas, conta con 20-25 camas, sempre a disposición de quen o necesite. De encherse este albergue, a asociacion solidaria tamén conta con certos acordos con algunhas pensións de Santiago, “a prezo moi barato aloxan unha noite a todo aquel que o necesite. Nós pagamos todos estes gastos”.

A cociña económica de Santiago de Compostela está situada na Praza dos Bombeiros. FOTO: extraída de Galice.net

A cociña económica de Santiago de Compostela está situada na Praza dos Bombeiros. FOTO: extraída de Galice.net

 

Do mesmo xeito, Cáritas tamén vela polo coidado da alimentación dos máis desfavorecidos. A cociña económica, ubicada na praza dos Bombeiros e xestionada polas fillas da Hermandade, serve todas as comidas a un prezo máis que asequible: almorzo a 20 céntimos, 80 o xantar e 50 a cea. A crise económica unida ó baixo custo do servizo incrementou as visitas ó comedor, segundo Sor Dolores, coordiandora da cociña, nun 40%, chegando a servirse “150 comidas diarias, e en fin de semana a cifra aumenta ata as 200″. A este cambio cuantitavo tamén lle acompaña unha modificación no perfil do usuario, pois antes o habitual eran os transeuntes e agora as familias cos nenos.

Diga sus palabras