As Ong’s: ¿solidaridade xusta e divulgativa?

Redacción/Santiago de Compostela

22/03/09

Tralos múltiples escándalos e desfalcos económicos descubertos no seo de certas Ong’s mundiais sembrouse a dúbida do destino que toman as donacións solidarias da poboación. Non obstante, unha vez que as augas tornaron ó seu cauce e que a xente recuperou a confianza nas asociacións altruistas, xorden novos temores en torno a estas figuras: ¿realmente as Ong’s axudan a quen máis o necesita, ou existen persoas que a través de trampas e enganos consiguen aproveitarse da caridade destas organizacións”

A este respecto, Rubén Iglesias, técnico de xestión de proxectos de Cáritas, afirmaba “non sempre axudamos a quen o necesita senón a quen ten máis cara para pedilo”. Polo tanto, malia que as Ongs examinen cada caso concreto ó detalle, sempre nos quedaremos coa dúbida de se están axudando a xente aproveitada que pide axuda co único fin de sacar tallada da solidaridade de outros.  De caer neste círculo vicioso, a caridade pasará a converterse no títere dun grupo abusivo que non dubida en acudir a estes colectivos en casos de emerxencia (polo menos para eles).

Pola outra banda, outro dos problemas ós que se enfrontan ás Ong’s é a falla de eficacia das súas campañas. A colaboración que ofrecen non sempre se ve recompensada polos seus usuarios que, en moitos casos, toman os recursos que lles ofrecen diarimente, converténdose asiduos clásicos, sen aspiracións de cambio. “O noso obxectivo é axudar, pero tamén buscamos que a persoa se dea conta de que ten que cambiar. Para logralo pomos en marcha diferentes dinámicas, como contratos de compromiso, etc. Non obstante, aínda que non o cumpre, sempre imos seguir axudándoo”.

Tendo en conta todo isto, podemos concluir que a eficacia das campañas das Ong’s ponse en cuestión no momento en que se converten nun comodín que empregar en situacións incómodas e tamén se consideramos que calquera poida enganar a estas asociacións e aproveitarse do seu carácter altruista. A solidaridade debe ser un ben social, pero sempre e cando se realice dende a xustiza e a necesidade.

1 Respuesta por mucho »

  1. 1

    [...] OPINIÓN: ¿Solidariedade xusta e divulgativa? [...]


Comentario RSS · URI para TrackBack.

Diga sus palabras