Catro puntos que prexudican ós inmigrantes

Redacción/Santiago de Compostela

19/03/09

Primeiro. “A importante limitación do reagrupamento familiar para ascendentes de residentes, que só se permite para os/as de lonfa duración (cinco anos de estancia)”.
Segundo. “A apertura da posibilidade de repatriación de menores inmigrantes baseándose na garantía dos servizos de atención a menores dos países de orixe dos/as menores. Posibilidade moi discutible no caso de Marrocos, por exemplo”.
Terceiro. “Recolle o intolerable aumento de praza de estancia nos centros de internamento de estranxeiros ata os 60 días (antes eran 40)”.
Cuarto. “E, sobre todo, porque baséase na persecución sistemática da poboación inmigrante en situación de irregularidade administrativa e no peche das fronteiras, ata o punto de propoñer como actuacións delictivas as realizadas por asociacións, entidades e persoas para axudar, socorrer e facilitar a vida das persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa. Establece así, ademais, unha coartada legal para as actuacións de persecución contra esta poboación inmigrante residente no Estado español que xa dende hai varios meses veñen denunciado moi diferentes organizacións en diferentes partes do Estado”.

Diga sus palabras