O Foro da Inmigación cuestiona que algúns artigos do proxecto de Lei de Estranxeiría se axusten ó dereito
Redacción/Santiago de Compostela
19/03/09
O Foro para a Integración Social dos Inmigrantes, organismo de carácter consultivo adscrito ao Ministerio de Traballo e Educación, deixou hai pouco patente a posibilidade de que non se axustasen a dereito algunhas das modificacións introducidas polo goberno central no anteproxecto de Lei de Estranxeiría. Agora, dende o Foro Galego de Inmigración, ratifican esta denuncia anunciando que esta reforma da unha “vision intencionadamente criminalizadora” da inmigración, un colectivo social que, segundo Miguel Fernández –un dos responsables do Foro Galego de Inmigración en Santiago de Compostela-, representa unha espírito “fondamente positivo para o conxunto da poboación galega e española”.
As entidades que aglutinan o Foro Galego de Inmigración consideran que, fundamentalmente, son catro os puntos que máis afectan negativamente ós dereitos dos inmigrantes neste proxecto de Lei.
1 Respuesta por mucho »
Comentario RSS · URI para TrackBack.
Unha folga silenciosa denunciará a dramática situación laboral do colectivo inmigrante « Xornalistas’s Weblog escribió,
Marzo 19, 2009 @ 11:04 pm
[...] O Foro da Inmigación cuestiona que algúns artigos do proxecto de Lei de Estranxeiría se axusten … [...]