O Foro Galego de Inmigración repartirá arredor de oitocentas pegatinas en Compostela

 Redacción/Santiago de Compostela

19/03/09

Arredor de oitocentas pegatinas de moi diferentes cores pedirán mañá en Compostela que non se trate ao colectivo inmigrante como simple man de obra. O debuxo que aparece nos adhesivos representa, segundo Rocío Rodríguez, unha das voceiras do Foro Galego de Inmigración, “a un ser humano de cor que, cando abandona o seu país de orixe e chega a Europa, convértese simplemente en mano de obra, anulándose como persoa”.

 

“A través deste debuxo tratamos de simbolizar a visión de man de obra barata que, por desgraza, se ten aínda hoxe en día dos inmigrantes. Queremos que a xente se de conta dunha vez por todas de que son personas como nós, que non só son manos, que teñen un proxecto vital no noso país”, comenta Rocío, quen explica ademais que, todo o que desexe sumarse a esta iniciativa, pode ter acceso a estas pegatinas nas sedes de asociacións que integran o Foro, como é o caso de Amarante, Médicos del Mundo, Cáritas, Manos Unidas…

Ademais, esta nova campaña de loita por construir unha sociedade máis xusta e humana onde todos teñamos cabida, completarase coa pegada de carteis “en tablóns, asociaciones, sitios de traballo…” que conteñen un manifesto que denuncia a modificación dalgúns dos puntos do anteproxecto de Lei de Estranxeiría.

 

 

Diga sus palabras