Un novo escenario e perfil da pobreza
Redacción/Santiago de Compostela
22/03/09
Dende o punto de vista económico, apenas contamos con datos oficiais exactos que nos permitan esborzar mentalmente o panorama da pobreza compostelana. O Instituto Nacional de Estatística (INE) é a unica fonta que aporta datos ó respecto, a través do informe que tódolos anos publica, denominado, “Enquisa de condicións de vida das familias”. Non obstante, segundo a profesora do Departamento de Economía Cuantitaviva da Universidade de Santiago de Compostela, Ánxela Troitiño Cobas, sucumbe en certos erros, pois “as enquisas que se realizan para obter eses datos fanse a unha mostra representativa da poboación, que ten que estar censada. E seguramente moita das persoas que están pedindo polas rúas non están censadas en Compostela”.
Polo tanto, tendo en conta estas eivas, a cifra que o INE nos aporta só nos permitirá aproximarmos a realidade económica do concello, o cal, segundo a profesora de economía, “dende hai dez anos subiu o índice de pobreza, pois antes había máis nos arredores que no centro e agora acontece xusto o revés”. Esta mesma idea é constatada polo profesor do departamento de Análise Económica da Universidade de Vigo, quen afirma a este respecto que “a pobreza tende a facerse cada vez máis urbana e máis ligada a fogares novos, cun ou dous adultos con memores, cun só perceptor de rendas”.
Ó incremento da pobreza urbana en Santiago sumáselle o cambio do perfil socioeconómico, xa que segundo o profesor de economía, “sen que desaparecen aínda as formas de pobreza máis tradicionais, asoaciadas á avanzada idade e á inactividade laboral ou á pertenza ás áreas ruraris, destaca a aparición de novas formas de pobreza, máis asociadas cos problemas de inserción dos fogares no mercado de traballo”. É dicir, en palabras de Carlos Gradín,a pobreza tende a facerse máis urbana e máis ligada a fogares novos, cun ou dous adultos con menores, cun só preceptor de rendas”.
Causas e consecuencias
A crise económica, problemas familiares, de drogas, o paro…Segundo Anxela Troitiño son moitas as causas que explican o aumento nas rúas compostelanas de mendigos e vagabundos, persoas sen teito e sen destino predeterminado. Nas prazas, nas avenidas, nas terrazas das cafeterías, nas colas que provocan os semáforos …en tódolos recunchos de Santiago existen pobres, que únicamente dependen da caridade da xente e dos esforzos de Ong’s e institucións públicas. A súa sorte pois, deixou de depender deles mesmos.
De múltiples causas xorden múltiples consecuencias. A cara e a cruz son a aceptación ou o rexeitamento por parte da sociedade cara este colectivo, ben porque prexudica economicamente ó seu negocio ou ben porque estas persoas están relacionadas a marxinacións social e vandalismo. O economista Sen xa falou desta repugna social e ademais criticaba e reflexionaba respecto a esta situación: “Vivir en pobreza pode ser triste, pero ofender ou causar dor á sociedade creando problemas os que non son pobres é, ó parecer, a verdadeira traxedia”
1 Respuesta por mucho »
Comentario RSS · URI para TrackBack.

Fogar sen paredes, vida sen rumbo « Xornalistas’s Weblog escribió,
Marzo 22, 2009 @ 8:41 pm
[...] Un novo escenario e perfil da pobreza [...]