Vivir para os demais: a caridade das Ong’s
Redacción/Santiago de Compostela
22/03/09
En Compostela, existen diferentes ONG’s e asociacións que intentan mellorar a calidade de vida dos máis desfavorecidos. Un destes exemplos atopámolo en Cáritas, que conta con diferentes campañas que apoian, asesoran e tratan de reinsertar social e laboralmente os que por algún motivo perderon a súa antiga vida.
“Contamos con 14 áreas de actuación, e dúas delas están orientadas ás persoas sen recursos económicas: Acollida e Acompañamento e Transeúntes ou personas sen fogar” explica Rubén Iglesias, técnico de Xestión de proxectos de Cáritas en Santiago de Compostela. A primeira destas campañas, está orientada a atención primaria, “son axudas básicas, das que intentamos fuxir. Preferimos dar a caña de pescar que o peixe”. Para os casos extremos de pobreza,é dicir, para aquelas personas que non teñen nin fogar nin alimento, existe a segunda campaña, que consiste en que “dende Cáritas tramitamos que estas personas poidan durmir no albergues dos Franciscanos e tamén poidan comer na cociña económica, xestinada polas Fillas da Irmandade.

Perfil e incremento dos que acuden a Cáritas
Unha das traballadoras sociais de Cáritas Interparroquial, Berta Rivera Sanjurjo, afirma que a actual crise económica está afectando duramente ós máis pobres, sobre todo a parados e ós inmigrantes”. Como consecuencia, determina que no 2008 ” produciuse un incremento dun 40% das persoas que se dirixiron a Cáritas en busca de axuda, en comparación ó pasado ano”.
Respecto ó perfil de persoas que acuden a Cáritas, Berta Rivera afirma que “a crise está creando pobres. Moitas persoas quédanse sen traballo e sen recursos para pagar a hipoteca ou o aluguer. Son os que chamamos pobres vergoñentos, porque non están afeitos a medingar”. Ademais deste perfil, Rubén Iglesias engade que son habituais os transeúntes, persoas sen teito, ou aqueles que veñen de paso, como os bohemios. Tamén se mantén a pobreza cronificada, é dicir, os que chamamos os clásicos, que viven da caridade como un estilo de vida” subliña.
Coa chegada da crise, xurdiu un novo perfil dos usuarios dos servizos de Cáritas. “Trátase de familias de 30-40 anos con fillos, que se atopan con problemas económicos, ben debido a unha mala administración ou á falta de prudencia á hora de gastar. E agora atópanse con que non poden facer fronte a tantos gastos”. Para este tipo de persoas, a Ong galega, celebra cursos e actividades co obxectivo de conciencialos da situación económica que lles toca atravesar. “Celebramos, por exemplo, cursos de consumo responsable, e a participación incrementouse notablemente neste ano. De feito tempos lista de espera, sobre todo naqueles cursos sobre formacion para emprego. Chegamos a ter 70 solicitantes para cubrir 15 prazas”.
Ler entrevista completa a Rubén Iglesias
1 Respuesta por mucho »
Comentario RSS · URI para TrackBack.
Fogar sen paredes, vida sen rumbo « Xornalistas’s Weblog escribió,
Marzo 22, 2009 @ 2:47 pm
[...] Vivir para os demais: a caridade das Ong’s [...]